
Benvido as
Galerías do Ortegal Máxico.
Estimado visitante, se chegaches ata esta páxina é posíbel que algún día tiveras un soño. Un soño no que explorabas un mundo onde a maxia estaba presente en cada recuncho, os bosques mostraban cores vibrantes e a vida resplandecía de forma exhuberante e majestuosa, facendo que o teu corazón latise cheo de vida. Déixanos mostrarche que ese mundo, que un día soñaches, existe e agarda a ser descuberto polos amantes da natureza, da vida rural, e por soñadores como ti.
Queremos darche a benvida ás Galerías de Ortegal Máxico, onde a selección de imaxes revela a marabillosa virxindade dunha comarca que historicamente pasou inadvertida aos ollos do mundo. Este recuncho de España, antes descoñecido, agora foi posto xustamente no lugar que lle corresponde, sendo recoñecido como Xeoparque Mundial da UNESCO, e preséntase a sí mesmo, solemne, traxendo consigo un testamento xeolóxico de milleiros de millóns de anos de antigüidade e dunha beleza paisaxística de incalculable valor.
Cada instantánea exposta nestas galerías mergullarteá nunha odisea visual que trascende o convencional. A melancolía que se insinúa nestas imaxes non é mera nosalga, senón un eco reflexivo desta terra, as súas montañas e as súas praias, os seus mares e as súas rochas esculpidas cunha delicadeza case poética. Contemplar os primeiros raios de sol ao amencer acariciando os paisaxes, non representa un momento efémero, senón a revelación dunha topografía que resistiu o paso de eras. As imaxes dos ocasos tampouco son unha simple despedida diaria, senón unha sinfonía de cores que relatan a eternidade do Ortegal.
No Xeoparque Cabo Ortegal, os acantilados erguense como monumentos inamovibles da historia xeolóxica, testemuñas silenciosas da complexidade da Terra. Os faros, gardiáns da costa, non só cumpren esta función, senón que encerran historias de mariñeiros que aínda navegan polas correntes do tempo. Os verdes campos esténdense ata o horizonte como un manto bordado, onde cada flor é unha xoia que brila baixo o sol, por onde as bestas salvaxes trotan libremente ondeando ao vento as súas resplandecentes crines e sacian a súa sede en regatos serpenteados de augas cristalinas.
Ao caer a noite, a Lúa e as estrelas iluminan un escenario de misterio que convida á exploración, máis aló da superficie e do firmamento visible e por iso, dende Ortegal Máxico esperamos que estas imaxes despreguen en ti a mesma paixón e fascinación que inspiraron a quen as capturaron.
Non agardes máis, elixe unha galería e comeza a soar con nós.
GALERÍAS EXCLUSIVAS DA ZONA DE MEMBROS
Faite Membro por solo 1,50€ para sempre.
-
Disfruta do acceso completo a todas as nosas galerías
-
Por menos do que che costa un café
-
Un único pago
-
Faite Membro por solo 1,50€ para sempre. - Disfruta do acceso completo a todas as nosas galerías - Por menos do que che costa un café - Un único pago -
Imaxinas descubrir os recunchos máis secretos do Ortegal?
As Xoias Agochadas do Ortegal
Faite Membro por só 1,50 € para sempre
-
Goza de acceso completo a todas as nosas galerías
-
Por menos que o custo dun café
-
Un pago único
-
Faite Membro por só 1,50 € para sempre - Goza de acceso completo a todas as nosas galerías - Por menos que o custo dun café - Un pago único -
¿Aínda non eres Membro?
Por menos do que che costa un café, podrás disfrutar das mellores immaxes e as mellores galerías de fotos de Ortegal Máxico, sen restricciones e para sempre*. Accede desde calquer lugar do mundo.
Vaias donde vaias, leva o Ortegal contigo!!!
*Con un único Pago de 1.50€ terás acceso ilimitado para sempre accedindo desde a conta coa que te rexistraches.