A Xuntanza de Casiopea: a árbore e a sua estrela.

Hai eóns, ocorreu un evento aquí mesmo, nas terras do Ortegal, moito despois da lendária confrontación entre Hércules e Xerión, o xigante de tres cabezas que infundía medo nos primeiros habitantes do Ortegal, tivo lugar un suceso. Naquelas épocas remotas, o universo era rexido polos antigos deuses esquecidos, seres divinos e sobrenaturais que desde o Olimpo vixiaban cada aspecto da vida humana. O seu poder non coñecía límites. Eran inmortais, podían cambiar de forma e tamaño, manipular o tempo e o espazo, e controlaban todos os elementos da natureza á súa vontade.

JayLorenzo - Cantís do Cadro - Cariño

Por aquel entón, Hércules confiou as terras do Ortegal e a cidade de Crunia - hoxe coñecida como A Coruña- a Cefeo, un rei mortal de gran poder e orgullo, para que protexese persoalmente o seu territorio. Cefeo estaba casado coa raíña Casiopea, e xuntos tiñan unha filla chamada Andrómeda.

Os recén nomeados "Protector do Ortegal" quedaron fascinados pola beleza destas terras desde o momento en que as pisaron, e aproveitaban cada oportunidade para contemplar os seus paisaxes sublimes.

Sen embargo, a súa soberbia e arrogancia axiña se fixeron evidentes, e a súa fama de "petulantes e insolentes" estendeuse rapidamente de norte a sur por todas as aldeas.

Cefeo solía burlarse dos deuses, afirmando que o seu poder era ilusorio e desafiándoos publicamente a demostrar o seu poder. Pola súa parte, Casiopea, sempre preocupada pola súa beleza, alardeaba de ser máis fermosa que as propias Nereidas, o cal era considerado unha gran ofensa.

Fernando Rodríguez - Pena Furada - Loiba

Nunha noite escura e sen lúa, as meigas máis poderosas do Ortegal reuníronse na 'Pena Furada', na costa do que hoxe é Loiba. Lideradas por Xuruxa, a meiga máis sabia e poderosa, invocaron a Poseidón, o deus dos océanos, para informarlle sobre a detestable conducta dos Protectores do Ortegal. Poseidón, furioso, convocou a un leviatán monstruoso das profundidades do océano e ordenou que perseguise a Cefeo e Casiopea para devoralos.

Aloxados á ira de Poseidón, Cefeo e Casiopea estaban a desfrutar da fervenza do 'Pozo do Inferno' cando o leviatán, chamado 'Xumelmur', iniciou o seu devastador ataque. A pesar da destrución que deixou ao seu paso, Cefeo e Casiopea lograron escapar do leviatán.

Despois do inesperado fracaso, Poseidón recorreu desesperadamente a Zeus en busca de axuda para castigar aos mortais indignos. Zeus descendeu ao Ortegal adoptando a aparencia dunha moza ortegana para poder investigar sen ser recoñecido e descubrir o paradeiro de Cefeo e Casiopea.

JayLorenzo - Cantís do Cadro - Cariño

Tres días máis tarde, Zeus descubriu á parella agochada nun diminuto chozo abandonado en 'Cantís do Cadro', preto do 'Posto de Vixilancia de Herbeira', refuxiándose do leviatán a 2 mil pés sobre o océano. Alí mesmo, tras amosarse coa súa aparencia habitual, Zeus converteu a Cefeo en árbore e desterrou a Casiopea deste mundo, enviándoa co seu poderoso raio ás constelacións dos ceos do norte, só visibles durante as noites temperadas.

Desde entón, Casiopea e Cefeo reúnense en segredo algunhas noites nas cimas do Ortegal. Chuchéanse a través das ondas e acariciánse a través do vento. Alí, entre os árbores e as sombras, permanecen unidos eternamente e desde entón, observándonos ao pasar, sen ser vistos.

Esta lenda contase entre os habitantes do Ortegal como recordatorio da ira dos deuses.

Anterior
Anterior

O Ortegal Máxico, Unha viaxe guiada polo corazón.