O Ortegal Máxico, Unha viaxe guiada polo corazón.

O viaxe fora longo e esgotador, pero a emoción de escapar da rutina e do estrés da cidade mantíannos animad@s. Con cada quilómetro que avanzabamos cara ao norte, sentiamos como o peso dos últimos dous anos de traballo se esvaía pouco a pouco dos nosos ombreiros. A miña parella e eu éramos paramédic@ e enfermeir@ respectivamente, e estivéramos dedicad@s por completo a combater a pandemia. Os turnos dobre interminables e a constante presión deixáranos exhaust@s, sen apenas tempo para desfrutar da vida nin para estar co noso pequeno fillo, Sebastián.

Fernando Rodríguez - Río Belelle - Neda

Con tanto traballo, os días e os meses parecían fundirse entre as catro paredes do hospital. Pero de súpeto, sen aviso previo, presentóusenos a oportunidade de tomar uns días libres. Sen plans concretos, no medio dun caos emocional tremendo e cun desexo irrefreábel de escapar da gran cidade, decidimos involucrar ao pequeno Sebas na elección do destino. Preguntámoslle donde lle gustaría ir e a súa resposta foi directa e clara: "Mamá, quero ir ao bosque".

Foi así como tomamos a decisión de subir ao coche e dirixirnos cara ao norte, deixándonos levar pola intuición do pequeno Sebas, sen saber a onde nos levaría esta aventura.

Conduchimos durante 4 horas, detivémonos un par de veces para descansar, refrescarnos e repostar. Pouco a pouco, entre canción e canción, case sen darnos conta, chegamos a Galicia, terra da cal oíramos que era "unha terra máxica" e o certo é que non exaxeraban.

A propia estrada conduce a través dun itinerario moi cativador pasando dos verdes prados cor esmeralda aos imponentes bosques, dunha exuberancia envidiable que se estenden ata onde alcanza a vista. No noso afán por descubrir lugares hermosos, decidimos consultar a Google Maps para atopar os destinos máis ao norte de España. Foi entón cando vimos por primeira vez o nome do "Cabo Ortegal" e decidimos marcalo como o noso obxectivo, a tan só 100 quilómetros e hora e media máis viaxando no noso recén inaugurado "karaoke-móvil".

Fernando Rodríguez - Ria de Cariño/Ortigueira

Parece curioso o cansancio e a exaustión que pareciamos sentir hai tan só unhas horas e a enerxía que desprendiamos agora. "Sería o aire?", pensei. E non, non era tan só o aire senón esta terra.

A falta de 50 quilómetros para chegar ao cabo, os bosques de eucaliptos adueñáronse por completo dos montes que rodeaban a estrada. Os eucaliptos alzábanse formando unha muralla verde que bailaba ao son dunha brisa suave, dándonos a benvida e guiándonos cara ao noso destino mentres axitaban as súas ramas. Baixamos as xanelas para deixar que o delicioso aroma dos árbores nos encheses os pulmóns de aire fresco e iso recordounos o lonxe que xa estabamos da cidade e o preto que estábamos agora da natureza que tanto ansiábamos.

Finalmente, chegamos ao Cabo Ortegal. Foi unha fermosa coincidencia que o sol se atopase no seu lento descenso cara ao horizonte, tintando o ceo de cores cálidas e vibrantes. O xa de por sí imponente paisaxe adquiriu entón un encanto aínda máis mágico á luz do solpor.

Diante dos nosos ollos, as augas do Atlántico e do Cantábrico abrazábanse infinitamente e reflectían con tonalidades cálidas as cores que o ceo despregaba. Aos nosos pés 'Os Aguillóns' recortando a súa silueta entre as ondas erguíanse como gardiáns no medio do mar engadindo un marabilloso toque de misterio e aventura ao escenario. Por poñente, 'Cantís da Cova' alzábase majestuosa, cuberta cun manto verde e desafiando ao mar coa súa imponente grandeza. E no medio daquel espectáculo case celestial estábamos nós, aos pés do faro que co seu destello intermitente é o eterno vixía do 'Paraíso dos Acantilados', acompañado desde levante pola súa compañeira infatigable, a 'Estaca de Bares', ambos guiando estoicamente aos navegantes na escuridade.

JayLorenzo - Faro do Cabo Ortegal - Cariño

Nese intre, o tempo pareceu deterse. Alí, baixo o embruxo do solpor, todo o estrés e as preocupacións desvanecéronse. Tan só quedou a serenidade, a conexión coa natureza e a sensación de plenitude ao estar inmersos nun escenario tan fermoso. Observei á miña parella e a Sebastián e os seus rostros de asombro reflectían a beleza daquel lugar e xunt@s abrazámonos, compartindo a maxia daquele momento.

O solpor no Cabo Ortegal deixou unha pegada inborrable nos nosos corazóns, recordándonos a importancia de deternos a respirar e apreciar a beleza que nos rodea. Foi un fermoso agasallo que gardaremos para sempre nas nosas memorias, un recordatorio de que incluso nos momentos máis difíciles, a natureza sempre nos brinda luz e esperanza e está disposta a prestarnos toda a súa enerxía.

E non podemos esquecer, por suposto, o verdadeiro corazón do Ortegal: a súa xente. Cálid@s, acolledor@s e che@s de hospitalidade, l@s galeg@s envólvennos coas súas sorrisas e coa súa alegría. O seu amor pola gastronomía tradúcese en pratos tradicionais como o 'Pulpo á Galega', os 'Berberechos á Cariñesa' ou o 'Caldo Galego', deleitando o noso paladar e conquistando así o noso corazón.

Durante aquel viaxe cara ao norte do norte decatámonos de que Galicia é un lugar onde o tempo parece transcorrer de forma diferente e onde a conexión coa natureza e a tradición se senten a cada intre. Estar en Galicia foi como recibir un abrazo reconfortante, atopar un refuxio para o noso espírito e unha fonte inesgotable de inspiración para o resto das nosas vidas. Así é Galicia, un pedaciño do paraíso na terra.

 
Anterior
Anterior

O Rei do Norte: Sentinela e testemuña da Creación.

Siguiente
Siguiente

A Xuntanza de Casiopea: a árbore e a sua estrela.