O Rei do Norte: Sentinela e testemuña da Creación.

Meu señor, monarca do norte,

no teu trono de rochas milenarias,

das eras primixenias,

testemuña dos albores.


Rei da noite eterna,

nacido na escuridade

¿cómo floreceu o primeiro árbore

na túa solemne maxestade?


Onde o tempo se fundiu,

coas túas profundas fendas

e os peixes emerxiron,

nos teus brazos se xestou.


Dende as ondas arrepiantes

emerxiu a vida

e baixo a túa mirada,

a creación foi concebida.


Atoparon abeiro na túa altura,

as aves, nos seus voos,

cando as tempestades

danzaban con bravura.

JayLorenzo - A Cova - Cariño


Oh, señor do norte,

¿que sentiches naquel intre,

cando os humanos erguidos,

tornaron en viaxeiros constantes?


¿Cómo foi ao contemplar

os seus bateis na vasta mar,

navegando hacia horizontes,

explorando sen cesar?


Pacificador das tempestades sen fin,

luz na treboada,

bastión do norte,

rei divino e ortegano paladín.


O Sol e as estrelas,

ante a túa grandeza rendéronse,

e en humilde pregaria,

ante ti se inclinaron.


Que a túa voz, como o vento,

consigo leve a verdade,

meu señor do norte,

no teu trono de eternidade.


Oh, rei do norte,

contame os teus sabios segredos,

testemuña da historia,

en versos como estes.

Fernanco Rodríguez - Faro do Cabo Ortegal - Cariño

O Cabo Ortegal atópase nos acantilados máis altos da Europa continental e elevase abruptamente desde o mar nun lugar cunha beleza salvaxe e impresionante, no norte de Galicia. Conta cun faro que se atopa na cima do acantilado, dende onde se pode gozar de vistas impresionantes do océano e da costa.

As súas rochas formáronse no manto da terra hai 1.156 millóns de anos e son as cuartas máis antigas do planeta, e resisten estoicamente desde hai millóns de anos a furia do Atlántico.

As tempestades no Ortegal poden ser verdaderamente intensas e adoitan incluír ventos moi fortes e constantes, choiva torrencial, raios e tronos, ondas de alturas terroríficas e moi poderosas. Durante unha tempestade no Ortegal a forza do vento pode facer que sexa moi difícil manter o equilibrio e as ondas poden ser moi perigosas para os navegantes e incluso para os visitantes que, deixándose levar pola súa curiosidade ás veces cometan algunha imprudencia. Este tipo de fenómenos atmosféricos no Ortegal adoitan ser impresionantes e ao mesmo tempo, sobrecolledores e aterradores.

Este acantilado, monumento natural, é un lugar onde se xuntan a historia do noso mundo, os mares, o océano, os ventos e un entorno natural tan belo que por momentos che deixa sen aire. Un lugar maxestuoso con uns solpores cheos de luz e melancolía e un lugar magnífico para observar o firmamento, durante as noites despeixadas.

Un lugar no que miras ao ceo e podes soñar..

Un lugar eterno e único no mundo.

Anterior
Anterior

Conversa coas Gaivotas no Miradoiro do Pósito en Cariño

Siguiente
Siguiente

O Ortegal Máxico, Unha viaxe guiada polo corazón.