Conversa coas Gaivotas no Miradoiro do Pósito en Cariño
Nunca pensei, ao acordar aquela manhã, que ia experimentar unha conexión tan familiar coa natureza ou, polo menos, nunca me a imaxinei dese xeito. Desperteime moi cedo para preparar o equipo fotográfico coa intención de capturar un bo amencer no Miradoiro do Pósito en Cariño, aproveitando os ceos despexados, coa esperanza de obter unha boa instantánea da Punta da Gabeira. Despois dun bo "café de pote" nunha taza grande a rebosar, dirixinme ao miradoiro.
JayLorenzo - Miradoiro do Posito - Cariño
Eran as 06:45 máis ou menos cando cheguei e despois de media hora máis elixindo o encadre, facendo medicións e fotos de proba, xa tiña todo listo e só necesitaba esperar o momento axeitado para disparar.
Foi uns minutos máis tarde cando empecéi a notar que dúas gaivotas voaban en círculos desde hai rato, diante da miña cámara. Ocorréuseme entón levantar o brazo e agitalo en forma de saúdo sen sospeitar o que estaba a punto de suceder. Non podía saír do meu asombro ao observar que ambas descendían e achegábanse a min posándose no balcón do miradoiro. Parecían un pouco tímidas ao principio, e quizais eu tamén, pero era "un honor" para min ter un contacto tan cercano con aquelas marabillas de aves así que me dispuña a entablar conversa con elas.
Foi unha conversa interesantísima na que me contaron todo tipo de historias sobre as súas vidas, dende os desafíos de construír un niño no campanario ata os perigos aos que se enfrontan para atopar comida incluso no inverno.
Estaba tan cautivado pola experiencia que case me esquezo de fotografar o amencer!
Jay: -¡Ola! ¿Que tal? Bos días!
Gaivotas: -Ata agora sí.
Jay: -Chámome Jay e estou fotografando a 'Punta da Gabeira' para que todo o mundo vexa o bonito que é o Ortegal. ¿E vós, como vos chamades?
Gaivotas: -Eu Carmiña.
-¡E eu Maruxa!
Jay: -Carmiña e Maruxa, encantado! ¿Sodes amigas dende sempre ou coñecéstedes aquí no pobo?
Carmiña: -Eu si, son do pobo de toda a vida. Os meus pais eran de Cudillero e viñeron acompañando unha terrafa que volvía do bocarte e xa quedaron aquí. Despois nacín eu e criéime nun tellado da Porta da Pulida. Agora estou casada e son nai de dúas crías. A máis pequena comezou na Escolar e xa sabe ir sola…
Jay: -¡Uau!
Carmiña: -... si, e o maior xa me vai ao instituto.
Jay: -¿Está en secundaria?
Carmiña: -Quere ser enxeñeiro de niño. Disque cando acabe os estudos vai facerme un niño no campanario.
Jay: -Soa ben!
Carmiña: -¿O que?
Jay: -O campanario, quero dicir, soa ben! Por certo, Carmiña, dile ao teu fillo que nin se lle ocurra construír o niño no pararrayos.
Carmiña: -¡Deixa a ver!. Cando se lle mete unha idea na cabeza…
Jay: -E ti, Maruxa, tamén es do pobo?
Maruxa: -Ai non, que eu son de Cedeira! O que pasa é que me namorei dun gaivoto de Cariño e fai 4 anos que estamos xuntos. Temos unha cría que vai ao instituto, á mesma clase que o fillo de Carmiña.
Jay: -¿Tamén quere ser enxeñeira?
Maruxa: -¡Que va! A miña quere ser 'chef'…
Jay: -Per-do-naaaa?? ¿Que unha gaivota quere ser chef? ¿Que… qué idea, cres ti como nai, puido levar a unha gaivota a soñar con ser 'chef' algún día?
Carmiña: -Gústalle o Sushi.
Jay: -Claro, por suposto… que idiota son. Bueno e ben, decidme, ¿como é a vida dunha gaivota aquí no Ortegal?
Carmiña:-Muy axitada! A vida dunha gaivota no Ortegal é muy axitada!
Jay: -Muy axitada ¿por que?
Carmiña: -Pués imaxínate… para voar hai que axitar as ás ¿non? Por iso, a vida dunha gaivota no Ortegal é ‘muy axitada’.
Jay: -Espera un segundo. Iso foi un chiste de gaivotas, ¿verdade?
Gaivotas: - Ji-ji-ji! Ji-ji-ji!
Carmiña: -Que va, se o digo en serio. Mira, cada día ao espertarnos xa empezamos coas malas noticias. Que si a inflación... que parece que non pero nótase. Agora hai menos comida que antes. Despois está o problema da contaminación, que a xente tira todo ao mar e logo pasa o que pasa. O home da miña amiga Puri ía ao mar, como todas as gaivotas de por aquí, e un día cóllese uns plásticos no pescozo e quedou atrapado. Non houbo xeito de rescatar. Lle estivemos levando de comer durante dous días pero ao final, o pobriño morreu. Deixou viúva e tres pollitos. Así están as cousas. Ah! e outra cousa. Duns tempos a esta parte é un perigo para nós baixar a terra, aquí no pobo. É máis, coidadiño de baixar planeando a unha altura por abaixo dun primeiro piso.
Jay: -¿Por que?
Carmiña: -Ai, raro é que non te salte o gato de algún veciño e como che pille o gato xa si que se acabou todo!
Jay: -Pois non me imaxinaba que a vida dunha gaivota fuese tan complicada.
Carmiña: -Sí neniño sí. No sei qué vai a ser de nós se isto segue así…
Jay:-Aproveitando que temos esta conversa, se necesitades axuda, eu podería falar cos veciños para ver qué poderíamos facer.
Maruxa: -Pués agora que o dis, dilles que os que teñan tellado ou terraza que nos suban algo das sobras que se lles dades todas aos gatos, oye! Por o menos que cando as crías saian do instituto teñan algo que levarse á boca, que están en idade de crecer!
Jay: -Tomo nota. ¿Algúns outros consellos?
Maruxa:-O dos plásticos! Dilles o dos plásticos!
Jay: -Está ben, Maruxa.. Conta comigo para entregar a mensaxe.
Maruxa: -...
Jay: -¿Gustaríavos enviar algún consello quizais, a tod@s l@s ortegan@s e visitantes do Ortegal?
Carmiña: - ¡Desfrutade da natureza, apreciade as vistas desde os miradoiros do Ortegal e nunca esquezades levantar a vista cara ao ceo para contemplar a súa beleza!
Jay: - ¡O ceo é fermoso! Aínda que non tanto como vós, mozas. Sinceramente foi un pracer coñecervos e conversar aquí, no Miradoiro do Pósito. ¡Me caístes xenial!.
Carmiña: - ¡E ti a nós! ¿Vénches polo miradoiro a miúdo?
Jay: -Ás veces, pero tamén me gusta ir á praia da Basteira.
Carmiña: -¡Pués, a ver se nos vemos por alí algún día destes!
Jay: -¡Si me vedes saudadme! ¡Para min é máis difícil recoñecervos!
Maruxa: -Jajajajaja. Ok!
Jay:-Chao mozas!
Gaivotas: - Chao!