

As Xoias Agochadas Do Ortegal:Unha viaxe ao Descoñecido
Ortegal é unha terra de contrastes, onde a natureza desenvólvese de xeitos que parecen saídos dun soño. Desde acantilados que desafían a furia do océano ata bosques de películas, este recuncho do mundo esconde segredos que só os intrépidos poden descubrir.

Cabo Ortegal e a Forza Indomable da Natureza
William Turner, o gran pintor que se atou aos mastros dos barcos para observar as tormentas, dixo que neles vía "o que nunca se viu". Esa idea, a procura do que nunca antes foi captado, é o que nos move aos fotógrafos a enfrontarnos á natureza en estado puro. Cando o temporal Herminia bateu con toda a súa forza o cabo Ortegal, non puidemos resistir a saír coas nosas cámaras para tentar captar ese momento único e irrepetible. Sabiamos que non sería doado, pero algo dentro de nós impulsounos a aceptar o reto.

A Estrela que ilumina Galicia es Tí.
Tes algo único que te diferencia e te fai moi especial. Non necesitas xestos nin artificios, só a túa presenza fainos brillar. A túa beleza non é ruidosa, nin busca chamar a atención, o teu corazón agocha misterios que espertan a curiosidade. Na túa sinxeleza reside o extraordinario e nos detalles, o teu carisma. Na túa paz reside a túa forza na donde habita unha maxia que ninguén pode igualar.

Centenario do Naufraxio da Galerna no Cabo Ortegal
O 26 de novembro de 1924 marcou un día escuro na historia de Cariño e da costa galega. Aquel día, unha galerna –un fenómeno meteorolóxico temido polos mariñeiros– irrompeu con violencia no Cabo Ortegal, sorprendendo 23 pequenas embarcacións que buscaban “xarda” nas frías augas do Atlántico. Tres delas, a Dos Amigos, a Remedios e a Mª Andrea, quedaron atrapadas na zona da Cova, á mercé do temporal. Catorce mariñeiros nunca regresaron aos seus fogares.

Descubre O Murito, as Portas do Valhalla no Ortegal
Non sei se, buscando un momento de paz interior para curarme e redescubrirme nun intento máis de curar unha das moitas feridas que enchen a alma, decidín aquela tarde coller a mochila e gozar da soidade camiñando polo estrada que une Ortigueira coa Lagoa de San Martiño, pasando polo famoso Camiño Azul, seguindo a costa da Ría de Ortigueira.

Conversa coas Gaivotas no Miradoiro do Pósito en Cariño
Nunca pensei, ao acordar aquela manhã, que ia experimentar unha conexión tan familiar coa natureza ou, polo menos, nunca me a imaxinei dese xeito. Desperteime moi cedo para preparar o equipo fotográfico coa intención de capturar un bo amencer no Miradoiro do Pósito en Cariño, aproveitando os ceos despexados, coa esperanza de obter unha boa instantánea da Punta da Gabeira.

O Rei do Norte: Sentinela e testemuña da Creación.
O Cabo Ortegal atópase nos acantilados máis altos da Europa continental e elevase abruptamente desde o mar nun lugar cunha beleza salvaxe e impresionante, no norte de Galicia. Conta cun faro que se atopa na cima do acantilado, dende onde se pode gozar de vistas impresionantes do océano e da costa.

O Ortegal Máxico, Unha viaxe guiada polo corazón.
O viaxe fora longo e esgotador, pero a emoción de escapar da rutina e do estrés da cidade mantíannos animad@s. Con cada quilómetro que avanzabamos cara ao norte, sentiamos como o peso dos últimos dous anos de traballo se esvaía pouco a pouco dos nosos ombreiros. A miña parella e eu éramos paramédic@ e enfermeir@ respectivamente, e estivéramos dedicad@s por completo a combater a pandemia. Os turnos dobre interminables e a constante presión deixáranos exhaust@s, sen apenas tempo para desfrutar da vida nin para estar co noso pequeno fillo, Sebastián.

A Xuntanza de Casiopea: a árbore e a sua estrela.
Hai eóns, ocorreu un evento aquí mesmo, nas terras do Ortegal, moito despois da lendária confrontación entre Hércules e Xerión, o xigante de tres cabezas que infundía medo nos primeiros habitantes do Ortegal, tivo lugar un suceso. Naquelas épocas remotas, o universo era rexido polos antigos deuses esquecidos, seres divinos e sobrenaturais que desde o Olimpo vixiaban cada aspecto da vida humana. O seu poder non coñecía límites. Eran inmortais, podían cambiar de forma e tamaño, manipula